O conxunto catalán insiste con presión alta pero as de Julio Delgado logran puntuar mantendo a portería a cero
Burela, 22 de febreiro, 2025. O equipo feminino do Burela FS suma 3 puntos para a clasificación ás 20.00h desta tarde no Campus Diagonal Nord Edifici PE ante o A.E. Les Corts-UBAE. Complicado encontro ante un equipo ao que estes tres puntos lle virían moi ben para escalar na táboa sobre o Poio que esta finde se enfrontou a outro duro rival, o Roldán, que rematou en empate. As barcelonesas, que están sorprendendo moito esta tempada sendo un recentemente ascendido e xa ocupando o sétimo posto, propuxeron un partido complicado a un Burela ao que lle custou puntuar ante un Les Corts moi ofensivo que non puxo as cousas nada fáciles ás mariñás.
Na primeira parte pouca fluidez por parte do Burela que tarda en atoparse en cancha rival, fronte un Les Corts atento que non permite moitas chegadas a portería ao conxunto mariñán. Dúas ocasións claras de Cami e Débora e un pau de Antía Pérez á cruceta preceden o primeiro e único tanto das xogadoras burelenses, un gol de Emilly Marcondes no minuto 14 nun disparo directo de falta que burla a defensa barcelonesa e entra chocando no pau dereito. Móstranse máis confiadas as nosas Pícaras a partir deste tanto, con moita posesión de balón nos próximos minutos ante unha férrea defensa local que non permite anotar máis tantos.
Na segunda parte as visitantes continúan tentando marcar máis distancia no marcador creando varias ocasións de perigo e mantendo a posesión do balón e o dominio do xogo nos primeiros minutos, sufrindo algún susto por parte das anfitrioas. Un Les Corts que propón unha forte presión alta ante as visitantes, facéndolles sufrir á hora de chegar a portería. A partir do minuto 28 o conxunto de Nil Marco Gavín aperta ao Burela creando algunha ocasión perigosa e podendo empatar o encontro, mantendo a presión alta e creando problemas ao conxunto laranxa. Ocasión de Dinha que remata un pase de Cami pero non atopa a portería e boa transición no minuto 36 no que Patricia case anota o segundo tras un boísimo pase cruzado da mellor xogadora do mundo que recibe a yeclana e dispara un tiro escorado ao que puido chegar a rematar Cami pero que salva a porteira do conxunto barcelonés. Dúas intervencións de Caridad e remata un partido con moi poucas ocasións por parte de ambos os equipos e tres puntos salvados para as burelenses.
As de Julio Delgado regresan a Burela recuperando a boa dinámica que lles axudará a afrontar o próximo partido noutra Tarde Laranxa en Vista Alegre con derbi galego, fronte ao Ence Marín Futsal ás 17.30h. Posteriormente, ás 20.00 disputarase o encontro do equipo masculino contra o Industrias Santa Coloma.
Ficha Técnica A.E. Les Corts-UBAE 0-1 CD Burela FS
A.E. Les Corts-UBAE (0): Claudia; Luci, Laura, Laia, Martita -quinteto inicial-, Júlia, Laura, Helena, Aina.
CD Burela FS (1): Ana Eliza; Cami, Antía Pérez, Débora, Emilly -quinteto inicial-, Noelia Montoro, Dany, Patricia, Dinha, Cilene, Cris Lourés, Ana Eliza.
Goles: 1-0, min. 14: Emilly.
Árbitros: Sara Escoda Balagueró, Lucía Guillén Lahoz, Joan Solà Verdiell e Gerard Pla Valldeperas
TA: Por parte del Les Corts, Luci, Míquel Escalona Castillo. Por parte del Burela, Julio Delgado.