No acto houbo música e poesía. Eli García-Bouso e Toño Martínez prepararon para a ocasión unha versión musicada do poema rosaliano. Tamén se leron outros versos da poeta de Iria Flavia. Un grupo de nenos e nenas, xunto coas súas nais, leron o poema “Miña casiña meu lar”. A directiva da Agrupación está moi leda polo resultado desta xornada. “Cremos que é unha actividade que veu para quedar entre nós”
