Riotorto, 21 de febreiro, 2025. O BNG de Riotorto continúa coa recollida de sinaturas para reclamar á Xunta de Galicia a cobertura estable e a tempo completo das dúas prazas de medicina familiar do centro saúde.
A formacion instalará unha mesa este domingo na Praza das Rodrigas a partir das 11.00 horas para dar continuidade a esta iniciativa en defensa da atención primaria, coa que nas últimas semanas están a visitar tamén as diferentes parroquias do concello.
O BNG considera que “manter a mobilización social é fundamental para frear os recortes de persoal no centro de saúde como consecuencia da política sanitaria do PP na Xunta de Galicia, que en Riotorto conta, ademais, co silencio cómplice do goberno municipal”.
Nos últimos anos, o centro de saúde de Riotorto pasou de contar dous facultativos en horario completo a contar únicamente coa atención, a tempo parcial, entre dúas e catro horas ao día, dun único facultativo. Unha situación que se mantén desde hai tres meses.