Viveiro, 21 de febreiro de 2025. Este venres, 21 de febreiro, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia – coloquio titulada: “ Da República ao golpe de 1936 “ (A Mariña, Viveiro e comarca), a cargo de Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial de Viveiro).
No acto falará sobre os grandes cambios e transformacións producidos pola proclamación da República na nosa bisbarra; tamén da caida do réxime monárquico da Restauración, así como da entrada nun tempo novo de grandes avances legislativos nos eidos cívico, social e educativo que promoverían unha sociedade moderna, pluralista e fondamente democrática que fomentou o auxe do asociacionismo a nível sindical: agrario, mariñeiro e obreiro, ao igual que nos ámbitos politicos, culturais e recreativos.
Mais, esta sociedade eminentemente democrática e participativa, veuse frustrada a partir de xullo de 1936, por mor do golpe militar, guerra e feroz represión que orixinou unha importante regresión nas conquistas sociais e nas libertades individuais.
Na charla farase unha comparativa entre as pricipais poboacións da Mariña e os seus ámbitos de influencia: Viveiro, Mondoñedo e Ribadeo – A Pontenova. Igualmente, salientaranse os perfís socio – politicos de moitas das vítimas da represión na Mariña e as distintas violencias exercidas.
O acto será ás 20:00 horas do serán no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. Entrada libre e gratuita até encher o aforo.