Foz, 17 de febreiro de 2025. AciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolveu do 1 ao 14 de febreiro.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Os números premiados foron o 7148 (entregado en Ferretería Fuente); o 4527 (entregado en Centro Dietético Alba Vila); o 246 (entregado en Hola Ola); o 20782 (entregado en Pastelería Anduriña); e o 22368 (entregado en Librería A Rapadoira).
As persoas afortunadas deben poñerse en contacto con AciaFozCCA para solicitar os seus premios. Trátase de 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un. “Deste xeito contribuiremos a dinamizar as compras nos negocios de Foz as vindeiras semanas”, subliña o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.
AciaFozCCA agradece a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz na campaña de San Valentín.