Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025. Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Burela para a ocupación e xestión da nave de redes de arrastre, de titularidade do ente público. A autorización contempla un período de vixencia de 4 anos, que poderá ampliarse no caso de solicitar a confraría unha concesión, título administrativo que permite maior estabilidade xurídica.
O título administrativo contemplará a aplicación da Lei de Taxas de Portos de Galicia que recolle a exención do 95% das taxas por ocupación de edificios de naves de redes cando dado que prestan servizos xerais aos usuarios do porto. Por este motivo, a confraría abonará 70 euros anuais polo uso dos máis de 350 metros de superficie do edificio.