A Pontenova, 13 de febreiro, 2025. Os feitos iniciáronse tras unha denuncia presentada por un dos investigados, na cal manifestaba que tiña contratado a un empregado para efectuar traballos vinculados á replantación forestal quen, supostamente, difundiu a través dunha coñecida rede social, que o seu empregador non lle abonaba o salario laboral polo traballo realizado.
Por mor de ter coñecemento desta denuncia e a súa investigación como presunto autor dun delito de inxurias, o empregado presentou unha denuncia contra o maderista que lle contratou e un familiar seu, manifestando que supostamente teríano ameazado a través dunha chamada telefónica e por unha plataforma de mensaxería instantánea.
Tras ter coñecemento destes ilícitos impútanse en calidade de investigados por delitos de ameazas a dous veciños de Riotorto, de 57 e 28 anos de idade.
As dilixencias policiais e as persoas investigadas foron postas ao dispor do Xulgado de 1ª, Instancia e Instrución de Mondoñedo.