O alcalde, Dani Vega, desexoulles que “estas prácticas sexan proveitosas tanto para o seu futuro laboral como para levar un grato recordo cultural da nosa terra”. Este grupo de rapazas e rapaces italianos chegaron a Ribadeo da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
![Recepción no Concello de Ribadeo a un grupo de alumnas e alumnos italianos do ISS Alfredo Ferrari de Maranello, que realizarán durante dúas semanas as súas prácticas en empresas da Mariña](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2025/02/130225-Foto-recepcion-alumnos-italianos-Apaga-1024x768.jpg)