O senador popular pide ao Goberno Sánchez que se tome en serio o futuro
Cervo, 11 de febreiro de 2025. José Manuel Balseiro, asegura que a resposta da ministra de Transición Ecolóxica, Sara Aagen, “foi decepcionante” ao verse incapaz de dar unha data para o desbloqueo dos parques eólicos de competencia estatal que subministrarán a Alcoa, “nin sequera foi quen de ofrecer unha previsión temporal aproximada, tras quince meses de espera”
Balseiro tamén lembra que o Goberno de España recoñeceu nunha resposta escrita a pregunta do Partido Popular no Senado (en arquivo adxunto) que o Ministerio resolveu as declaracións de impacto ambiental destes cinco parques eólicos estatais fóra de prazo, non así a Xunta de Galicia que cumpriu coas datas establecidas.
O senador popular pide ao Goberno Sánchez que se tome en serio este asunto e se comprometa a actuar a favor dos traballadores de Alcoa na Mariña e da continuidade na fabricación dun metal estratéxico como é o aluminio primario. “E o mellor xeito de facelo e cumprindo os seus compromisos e garantindo un prezo eléctrico estable e competitivo para a nosa industria”