BARREIROS .- No pleno ordinario celebrado onte en Barreiros, o BNG plantexou varias preguntas relativas ao convenio da auga que foi asinado en xullo de 2006. Segundo Antonio Veiga, voceiro nacionalista, “da resposta dada polo alcalde se desprende que dos 25 promotores que ían suscribir dito convenio só hai 5 empresas que depositaron eses cartos para a execución do proxecto de abastecemento de auga a Barreiros. En palabras do propio rexedor o recaudado ascende a 1.100.000 euros, cifra que está bastante lonxe dos 3.600.000 euros nos que estaba presupostado ese proxecto”.
O edil do BNG engade que “o que está claro é que con eses cartos non se pode acometer toda a rede, entón desde o Concello se plantexa a posibilidade de partir o proxecto e adicar esta primeira parte ao que é o almacenaxe de auga, é dicir a construir un novo depósito. O que se poida facer con ese millón de euros benvido sexa, pero o problema segue estando aí. Barreiros segue sin as dotacións necesarias para o crecimento urbanístico que se prevía ou que se prevé”.
Antonio Veiga considera que “o que dixemos no ano 2006 desde o BNG acabóuse cumprindo co paso do tempo. Nós, ainda deixando un pouco de lado aqueles fortes debates políticos entre o PP e o BNG temos que incidir en que a xestión desde convenio foi nesfata; que hoxe en día non estea executado e que hoxe o Concello non teña os 3.600.000 nas arcas municipais é única e exclusivamente culpa duns ineptos á fronte do Concello de Barreiros, duns ineptos á fronte da alcaldía que en dous anos e pico foron incapaces de executar o que por lei lles correspondía que era un convenio que foi feito con luz e taquígrafos… nós agardamos que a cidadanía de Barreiros lle pida responsabilidades a quen llas ten que pedir neste caso”.
O BNG de Barreiros en desacordo coa xestión do convenio da auga
O BNG de Barreiros en desacordo coa xestión do convenio da auga
Relacionado
-
O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
-
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, úrxelle á Xunta unha solución para a situación da estación de autobuses e do transporte escolar no municipio
-
O PP esixe a PSOE e BNG a adopción de medidas de seguridade viaria na LU-P-0701, que asume todo o tráfico procedente da costa coas obras da A6