Cervo, 11 Febreiro, 2025. Unha persoa perdeu a vida logo dunha saída de vía en Cervo. Era a única ocupante do vehículo.
O 112 Galicia recibiu o aviso por mor deste accidente pouco antes das 8:30 horas desta mañá. Durante a súa chamada, o alertador indicou que vía un vehículo nunha cuneta, no quilómetro 2 da LU-P-1510, cunha persoa fóra do coche apoiada na ventá, aparentemente falecida.
Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
Os servizos de emerxencia desprazados ata a zona confirmaron que a vítima, única ocupante do vehículo, estaba falecida. Ademais, indicaron que se tratara dunha saída de vía.
A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar á persoa falecida, pois estaba atrapada polos pés.