Viveiro, 8 de febreiro de 2025. O PSdeG-PSOE de Viveiro vén de ratificar o seu apoio unánime ó equipo de goberno, liderado pola alcaldesa, María Loureiro, ante a retirada do apoio por parte de Por Viveiro.
Os socialistas de Viveiro celebraron este venres unha asemblea na que o equipo de goberno lle trasladou á militancia a situación que se está a vivir no Concello de Viveiro trala última reunión mantida con Por Viveiro.
Neste contexto, a asemblea reforzou o seu apoio ó traballo que están desenvolvendo a alcaldesa e o seu equipo. “Todos somos María”, concluíron.