Cervo, 7 de febreiro, 2025. Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo. Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal.
O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 13 de febreiro, a través do correo prensa@concellodecervo.com ou o whatsapp 683 31 59 39.
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto.
Os orixinais serán publicados o venres 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo.
Aqueles que teñan máis “gústame” nese día, ata as 22:00 horas, serán os/as gañadores/as na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.
Os/as gañadores/as publicaranse o luns 17 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo.
Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo.
Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.