Ribadeo, 7 de febreiro de 2025. Ribadeo realiza diferentes tratamentos para conservar en bo estado as árbores da vila. Así o deu a coñecer nesta xornada o alcalde, Dani Vega.
O rexedor explicou que “desde o Concello estamos a facer unha conservación, un coidado de todas as nosas árbores, pero tamén un tratamento para evitar pragas como por exemplo a do picudo roxo nas palmeiras. Debemos facer ese tratamento, eu creo que xa era importante facelo con anterioridade, hai moito tempo a consecuencia de non facelo unha delas está enferma e hai que cortala, pero no resto o que vamos a seguir facendo é ese mantemento de todos os espazos verdes, por exemplo no Parque de San Francisco, tamén o tratamento a estas palmeiras”.
Vega comentou: “no resto parece que non se está detectando esta praga, polo tanto non é necesario de momento facer ese tratamento para estes insectos sobre a praga da que falamos, a do picudo roxo”.
O alcalde dixo que “no resto de árbores de Ribadeo o que se fai sempre é que con informes técnicos se fai a poda necesaria. Por exemplo, tamén agora diante da Escola de Música a propia dirección do centro nos pide realizar esta poda, porque hai moito tempo que non se fai, está tendo problemáticas o alumnado que alí vai, tamén as persoas que pasan pola acera, causan humidades, tamén se levantan as aceras porque non houbo unha conservación tampouco nin do entorno”.
Dani Vega engadiu: “todo isto se fai coa programación, primeiro cos informes técnicos, visita de campo, e agora, aparte da poda, tamén o tratamento de árbores que están enfermas e que é necesario para que non se teñan que cortar árbores que están enfermos e que causan perigo”.