As propostas culinarias serán a un prezo de 2,5 euros, e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local participante, entre as papeletas seladas cada semana polos catro establecementos participantes
Cervo, 3 de febreiro do 2025. O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve esta semana baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.
A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira, Mali Méndez, e polos representantes dos establecementos participantes.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:
* Caseto de Copa, Spaguitti “frutti di mare”
* Pousada O Almacén, Hutspot
* A Taberna de Sargadelos, Guiso de polbo
* Café Bar Cultural A Sacabeira, Tosta de morcilla de arroz con queixo de cabra
As persoas interesadas en recibir información semanal, poden seguir as redes do Concello e tamén a páxina de facebook oficial do tapeo “Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos”.
https://www.facebook.com/profile.php?id=61556069280705