Ante a enorme expectación que levantou o evento, a Xunta de Confrarías está a analizar a posibilidade de habilitar un segundo pase, para que as persoas que se quedaron sen entrada para o primeiro poidan gozar dun evento senlleiro e único nunha contorna incomparable como é a Igrexa de San Francisco de Viveiro. Nos próximos días compartirase máis información sobre esa posibilidade. As entradas están dispoñibles en liña en Ataquilla e fisicamente na oficina de Turismo de Viveiro.