Este mércores suspendéronse as clases e a actividade nas escolas infantís.
Os feitos tiveron lugar o pasado día de Reis cando un técnico estacionou unha ambulancia no aparcadoiro habilitado no hospital da Mariña, deixando na consola do vehículo a súa carteira particular, mentres accedía ao centro médico cun paciente. Tras regresar observou que lle faltaba a carteira do interior da furgoneta, atopándose a ambulancia coas portas pechadas, pero sen chave. Iniciouse unha investigación policial, dando como resultado a imputación en calidade de investigado do presunto autor da subtracción. As dilixencias policiais foron remitidasá Autoridade Xudicial.
As palestras teñen lugar no Hotel Voar de Ribadeo. A seguinte, e derradeira, será a de Isabel Díaz Ayuso (14 de febreiro).
Este curso ten por obxecto formar a familias, educadores e a calquera persoa interesada na identificación de sinais de alerta, promovendo o uso seguro de internet e sinalando estratexias efectivas para protexer aos menores da explotación en liña, tendo en conta que as redes sociais convertéronse nunha ferramenta crave para a comunicación, pero tamén presentan riscos graves, como a captación de persoas. Unha actividade impartida dende a Plataforma Escuela Diaconía España. Realizarase en liña do 10 ao 13 de febreiro. Máis información e matrícula: extension.uned.es/actividad/41119&codigo=FYRSP
Esta aterrou sobre dous coches, sen causar grandes danos. Sucedeu ás 4:00 horas da madrugada deste xoves.
Resultaron gañadores na fase local os traballos presentados por: Lily Fernández López, de 8 anos. Xela Fernández Fernández, de 11 anos. Recibiron un diploma e cadanseu lote de libros. Os traballos premiados foron enviados xa á Biblioteca Pública de Lugo, para participar na fase provincial do concurso, co patrocinio da Consellería de Cultura.
Este sábado, 1 de febreiro de 2025, ás 21,00 horas, o grupo teatral "O Centiño" de San Martiño representará no salón de actos da Casa da Cultura de Trabada a súa obra "A Morte Morrida", unha reflexión en clave de comedia sobre a xubilación e a importancia de crer na vida e no seu valor. O acto está organizado polo concello de Trabada.
“A súa pegada quedará para sempre en Ribadeo”, subliñan desde o Concello. E destacan que “ambas estatuas, ademais de seren un emblema desta vila, son un reclamo turístico moi importante”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital