Ribadeo, 28 de xaneiro de 2025. O Concello suspende mañá, mércores, todas as actividades ao aire libre. Parques e espazos públicos exteriores estarán pechados.
Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento, que decretou o nivel laranxa na Mariña desde as primeiras horas do 29 de xaneiro ata a tarde do mesmo día.
Por este motivo o Concello de Ribadeo informa que mañá, día 29, os parques e os espazos públicos exteriores estarán de novo pechados ao público e quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre, entre as que se atopan o mercado semanal dos mércores.
O obxectivo destas medidas é garantir a seguridade da cidadanía.
O Concello subliña que non haberá actividade nos centros de ensino, xa que a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender mañá, mércores, as clases na Mariña lucense, debido a esa alerta laranxa por vento en terra.