RIBADEO .-Oito formacións musicais compartiran escenario o venres 28 para loitar contra a violencia de xénero. O encontro lúdico-festivo da mocidade contra a violencia de xénero será no pavillón do Gregorio Sanz a partires das 7 da tarde e destinado a rapaces a partires de 12 anos. Trátase dun concerto no que participarán membros dos grupos: Amigos de lo Ajeno, Skala Drinker, Medio Gramo, Beatle Judges, Sempre se Fixo, Operación Punk e Sinestesia. Os estudantes que participen no encontro irán con símbolos identificativos coa loita pola eliminación da violencia exercida contra ás mulleres. Esta actividade enmarcase dentro dos actos promovidos pola concellaría da Muller de Ribadeo.
Nota de Prensa
EN RIBADEO HABERÁ MAÑÁ OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN E SEXUALIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ribadeo, 25 de novembro de 2008. A Concellaría da Muller de Ribadeo desenvolverá diversas actividades neste mes, en decembro e tamén en abril dentro da IV edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade organizada con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero. Nos diversos actos organizados participarán alumnos todos os centros de ensino de Ribadeo en dita campaña: Gregorio Sanz, Sagrado Corazón, Dionisio Gamallo Fierros e Porta da Auga.
Mañá mércores 26 e o xoves 27, haberá obradoiros de coeducación impartidos por Andamiaxe nos que se abordarán aspectos coma os oficios e tarefas, a corresponsabilidade ou a violencia de xénero, entre outros. Neles participarán rapaces de 2º de infantil, 3º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.
E o venres 28 de novembro está previsto un encontro lúdico-festivo da mocidade contra a violencia de xénero, no pavillón do Gregorio Sanz a partires das 7 da tarde e destiñado a rapaces a partires de 12 anos. Trátase dun concerto no que participarán membros dos grupos: Amigos de lo Ajeno, Skala Drinker, Medio Gramo, Beatle Judges, Sempre se Fixo, Operación Punk e Sinestesia. Os estudantes que participen no encontro irán con símbolos identificativos coa loita pola eliminación da violencia exercida hacia ás mulleres. A entrada é libre e gratuita. Ese día pola tarde no mesmo centro haberá un obradoiro de bebidas saudables que impartirá persoal da Escola de Hostelería de Foz.