Nota de prensa
Presentáronse en Foz, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), as III Xornadas de Turismo da Natureza, organizadas conxuntamente polo Concello de Foz e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago. Na presentación do acto estiveron o alcalde de Foz, D. José Mª García Rivera, e o director do curso D. Pablo Ramil Rego, Director do IBADER.
O alcalde de Foz destacou a ampliación das xornadas en relación ás edicións anteriores de 2 a 4 días (19 – 20 e 26 – 27 de novembro), que se desenvolverán entre o CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) e a Obra Pía (Fazouro), espazo rehabilitado e perfectamente integrado co seu entorno, no proceso de recuperación do río Ouro.
D. Pablo Ramil quixo resaltar o completo programa deseñado para estas xornadas, atractivo tanto para profesionales como para estudiantes, e que ten como eixo temático o uso sostible dos recursos turísticos.
O prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de novembro e a asistencia a estas xornadas será convalidable por un crédito de libre de configuración para todos os estudantes da USC.