Así o declara o voceiro popular tras coñecer que o goberno socialista realizara unha reunión de seguridade sobre o entroido sen contar cos grupos da oposición e de que anunciara obras na rúa Corporación que non se sabe como van a repercutir
Foz, 23 de xaneiro de 2025. Tras coñecer que o goberno socialista realizara unha reunión de seguridade sobre o Entroido sen contar cos grupos da oposición e de que anunciara obras na rúa Corporacións que non se sabe como van a repercutir, o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, declara que “mal comeza Cajoto a súa andadura en minoría non contando coa oposición en temas como o entroido ou o tráfico”.
Para os populares o alcalde segue coas malas prácticas de tomar decisións sen consenso co resto de compañeiros da corporación que logo vai a necesitar para aprobar asuntos importantes como, por exemplo, os orzamentos, o contrato da auga ou a aprobación de facturas de exercicios pechados.
“Cajoto ningunea á oposición no tema do Entroido e persiste na súa idea de ubicar un recinto para miles de persoas nun humedal en pleno inverno e con rúas pouco accesibles o cal demostra que segue na mesma liña de ‘ordeno e mando’, incluso despois de perder a confianza da maioría da Corporación municipal”, critica o voceiro do PP de Foz.
En canto ao tema do tráfico, Cajoto e o goberno do PSOE proseguen a súa andadura en solitario e non informan a ninguén do que van a facer na rúa Corporacións Municipais a pesar das 500 sinaturas de veciños en contra do cambio a un sentido único e da opinión contraria da Policía Local e néganse a reunirse cos veciños e a oposición. “Inicialmente o señor alcalde falaba de facela dun so sentido, agora parece ser que fala so de obras no firme e na sinalización. Esperemos que esa sinalización non sexa poñer sinais de sentido único” explica o voceiro popular.
Reestruturación do goberno
Nos cambios realizados no goberno tras a ruptura da coalición PSOE-BNG, aos populares chámanlle a atención que o alcalde devolva as competencias da residencia á mesma concelleira á que llas quitou fai poucas semanas despois de fracasar de novo cos informes en contra do Tribunal administrativo de Contratación Pública de Galicia, “unha mostra máis da nula capacidade de Cajoto e do PSOE de asumir e recoñecer os erros que os levaron a estar só no goberno”.