Ribadeo, 22 de xaneiro, 2025. Os concelleiros do BNG de Ribadeo e a concelleira do PSdG solicitarán a convocatoria dun pleno extraordinario para aclarar o acontecido nas últimas semanas colas cortas masivas de árbores realizadas polo goberno municipal, así como as súas intencións de reforma integral sobre uns dos espazos máis emblemáticos de Ribadeo: o campo de San Francisco.
A oposición en pleno realiza esta solicitude despois das reaccións e demandas dunha gran parte da veciñanza de Ribadeo, “ignorada e ninguneada de xeito reiterado polo alcalde”.