Cervo, 21 de xaneiro, 2025. O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller
As interesadas en participar poden anotarse desde este mesmo mércores e ata o 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Cibrao ou no teléfono 982 59 51 57
As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar e a entrega de premios será na Cea con motivo do Día da Muller
O Concello de Cervo organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
O prazo para anotarse estará aberto desde mañá mércores e aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57.