Nota de prensa
Barcia: “Gómez Besteiro converteu a Deputación nunha axencia de colocación para os seus amigos”
* Denuncia “irregularidades” no proceso de selección de traballadores adscritos o Plan Avanza nos que as carencias curriculares dos aspirantes “ós que se quería colocar” sumplíronse cunha valoración desproporcionada das entrevistas persoais
* O voceiro adxunto do GPPP afirma que éste non é un caso excepción na política laboral da administración provincial, dado que sempre presegue o mesmo fin: “favorecer ós afins e pagar así favores”, polo que non dubidou en calificala de “cacicada”
Lugo, a 5 de novembro de 2010.- “A Deputación de Lugo é unha axencia de colocación para os amigos de Gómez Besteiro”. Así de contundente amosouse hoxe o voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia á hora de desgranar as “peculiaridades” que presentan os procesos de “elección que non selección”, puntualizou, de persoal na administración provincial.
Barcia centrouse, en concreto, na recente selección de 27 traballadores temporais no marco do Programa Innovador de Mellora do Emprego, o denominado Plan Avanza, “aínda que, polos datos dos que dispoñemos, todo apunta a que éste non é un caso aillado, senón a práctica habitual á hora de seleccionar traballadores na administración provincial”
“A conclusión”, dixo, “en virtude das bases que regularon o proceso, é que as carencias curriculares dos aspirantes ós que se quería colocar sumplíronse cunha valoración desproporcionada das entrevistas persoais. En definitiva, a condición de amigo, pesa máis que os méritos académicos, os cursos complementarios ou mesmo a experiencia laboral á hora de acadar un posto de traballo nesta institución que preside o socialista José Ramón Gómez Besteiro”.
Así, segundo explicou, as bases reguladores fixaban un tope de 12 puntos para os méritos curriculares (titulación, publicacións, cursos varios, experiencia laboral, dominio do galego e mesmo permanencia no paro) e oito para a entrevista persoal que, segundo se especificaba nas propias bases, tería como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos, formación e experiencia acreditada no currículo, en relacións coas funcións que vai desempeñar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para o posto de traballo que se convoca. Esta entrevista persoal, segundo puntualizou Barcia, foi despois sustituida por un cuestionario escrito co mesmo contido, alegando que o gran número de candidatos admitidos faría difícil materializar con garantías a súa realización.
“De entrada”, indicou Barcia, “resulta desproporcionado, por non dicir directamente inxusto, que unha entrevista persoal, sexa escrita ou oral, supoña o 40 por cento da nota final para optar a un posto de traballo que oferta unha institución”.
CALIFICACIÓNS SOSPEITOSAS
Para o voceiro adxuntos dos populares na Deputación, si “sospeitosa” resulta esta desproporción, “máis chocante é aínda a coincidencia de que precisamente todos os aspirantes que recibiron unha baixa calificación á hora de valorar os seus méritos curriculares, obtiveron unha altísima puntuación na entrevista; e que os que lograron a valoración curricular máis alta, tiveron unha nimia puntuación na entrevista”.
Así, en función das puntuacións finais, danse casos pintorescos como os de moitos aspirantes que con máis dun 10 (dos 12 posible) no baremo de méritos lograran só dous puntos, ou calificacións similares, nas entrevistas; e que ós que finalmente se lles adxudicou a praza, contabilizaran no seu haber un seis raspado nos méritos e superan o sete nas entrevistas.
“Hai casos de nota”, recalcou Barcia, “un aspirante a unha das 9 prazas de axente dinamizador multimedia e TIC logrou 9,5 en méritos e 1,65 na entrevista; e outro que optaba á de técnico coordinador dinamización social un 10 e un 2,5; e tamén hai exemplos do contrario coma o de un dos 12 contratados na categoría de axente de dinamizador de benestar social que acadou unhas notas de 5,54 e 7,75 respectivamente”.
González Barcia puntualizou, ademais, que a excepción de tres plazas para as que se requería licenciatura ou diplomatura, ó resto só se pedía ESO ou bacharelato, ou mesmo, no caso dos dous postos de conserxe, ningunha titulación académica.
Un aspecto que converte en “peculiar” o feito de que unha boa parte dos aspirantes que lograron “excelentes calificacións na entrevista” únicamente se presentaron ás probas do posto para o que finalmente foron elexidos e eso pese a terse matriculado en outros e, por conseguinte, ter abonada a taxa pertinente. “Todas as probas fixéronse o mesmo día, pero exactamente 6 afortunados decidiron xogalo todo a unha carta e acertaron”, salientou.
Tamén se deron outros casos excepcionais, segundo explicou Barcia, como que 18 das 27 plazas sacadas a concurso, foran adxudicadas a candidatos que só optaron a ese posto de traballo. “Hai xente que ten moi claro cal é o seu obxectivo na vida e consigueno”, ironizou.
VOCAIS INAXEITADOS
Outro “aspecto relevante” da selección de personal adscrito ó Plan Avanza é que en catro dos sete tribunais constituidos para tal fin exerceu como vocal José Carlos Ferreiro Otero, asesor do Inludes e secretario de Cultura e Educación da executiva provincial do PSOE. “Pode que a lei o ampare pero dende logo, dende o punto de vista político e mesmo ético, é moi cuestionable a súa participación neste tipo de tribunais porque sempre pode xurdir o resquemor de que, de antemán, todo esté decidido. De que todo sexa un tongo, en definitiva”.
Barcia concluiu que estos feitos son “unha cacicada” e confirman o “uso clientelar e amiguista” que se está a facer da Deputación de Lugo. “Os feitos amosan a veracidade das críticas que dende hai moitos meses vimos facendo da política laboral que aplica Gómez Besteiro na administración provincial, xa sexa vía reforma da RPT ou vía selección de persoal, o fin sempre é o mesmo: favorecer os seus amigos”.