Vegadeo, 14 de xaneiro de 2025 O vindeiro xoves, 16 de xaneiro, ás 20:30 horas, a Casa de Cultura de Vegadeo acollerá a presentación ouficial do cartel e o vídeo promocional da LX Feira de Mostras de Vegadeo. Este evento supón o punto de partida dunha edición histórica, que celebrará en xuño de 2025 o 60º aniversario desta cita emblemática para a localidade e a comarca.
A Feira de Mostras de Vegadeo é moito máis que un evento comercial; representa o esforzo colectivo e o espírito dun pobo xeración tras xeración. Desde os seus inicios, foi un espazo de encontro, tradición e innovación, e este ano preséntase como unha oportunidade para reflexionar sobre o seu legado e proxectalo cara ao futuro.
Antonio Seijo, presidente da Asociación de Comerciantes de Vegadeo (ASCOVE), destacou a relevancia da Feira de Mostras para a localidade: “Desde la Asociación de Comerciantes de Vegadeo consideramos la Feria de Muestras uno de los eventos más emblemáticos y trascendentes de nuestro pueblo. Históricamente, ha sido un referente en toda la región, y creemos firmemente que ha llegado el momento de darle el impulso necesario para revitalizarla, tras varios años de cierto estancamiento. Con motivo de su sexagésimo aniversario, pensamos que este debe ser el punto de inflexión para definir hacia dónde queremos que evolucione en el futuro”.
O acto contará coa presenza de autoridades locais como o concelleiro de Desenvolvemento Local e tenente de alcalde, Pablo Fernández Abuín, así como membros do comité organizador e representantes das entidades colaboradoras. Estes invitados poñerán en valor a importancia da feira para a dinamización económica e social da comarca.
Desde o Concello de Vegadeo convídase a todos os veciños e visitantes a asistir a esta presentación única que terá lugar este xoves, 16 de xaneiro, ás 20:30 na Casa de Cultura. Este evento non só marcará o inicio dunha nova etapa para a Feira de Mostras, senón que será tamén unha oda á unión, ao traballo compartido e ao orgullo de ser veigueños.