A Mariña, 12 de xaneiro, 2025. Usuarios da estrada da Deputación LU-P-0101 que vai dende Gontán (Abadín) a Ferreira (O Valadouro), quéixanse do mal estado do firme en varios tramos onde se aprecian importantes fochancas, “que causan un serio perigo para os usuarios da mesma e os seus vehículos, e a todo iso súmase o pésimo estado mantemento da mesma sen limpeza de cunetas nin arranxo de zonas que xa foron obxecto de accidentes de vehículos”.
“Dende a Deputación non se avistan medidas para arranxar o problema que xa leva meses e que cada vez vai a máis, non se pretende ter unha autovía, pero si unha estrada cun firme e un mantemento digno para os que temos que transitar por ela, por iso, con esta queixa, queremos instar a Deputación e a o seu organismo competente, a que se tomen as medidas oportunas antes de que se poidan lamentar danos máis importantes”.
“Se queremos ter un rural vivo, temos que ter unhas infraestruturas e unhas comunicacións dignas, que permitan o movemento da veciñanza sen complicacións e sen perigo”.