Lugo, 9 de xaneiro. O deputado de Mocidade Daniel García recibiu ao Club de Remo de Ribadeo na Deputación de Lugo, que ven de cumprir 40 anos de actividade. Nun acto celebrado na sede da Deputación de Lugo con palistas e persoal técnico e directivo do club, o responsable provincial valorou a traxectoria do club que dá continuidade a unha tradición deportiva moi arraigada en Ribadeo, cun notable éxito competitivo.
Daniel García recoñeceu “o esforzo que supón practicar esta disciplina deportiva, moi condicionada polo custo do equipamento e pola dificultade dos desprazamentos” e mostrou a vontade de manter a colaboración co club para seguir mellorando as condicións nas que adestran e compiten como fixemos neste último ano”.
Sete remeiros e remeiras do club ribadense participan este sábado nunha concentración da selección galega de remo en Castelo de Miño para preparar o Campionato de España de Longa Distancia que se disputará en Legutiano, en Euskadi, os días 8 e 9 de febreiro. O remo ribadense tamén estará representado no Campionato Galego de Remo de Longa Distancia que
se disputa o 1 e 2 de febreiro.