Malaguti decididíu abandonar a disciplina do conxunto mariñano por petición propia para enrolarse nas las filas de ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra, mentres que a saída de Meira responde a unha decisión da dirección deportiva
Burela, 8 de xaneiro, 2024. Malaguti e Meira deixan de formar parte do CD Burela FS para o que resta de tempada por diferentes razóns. No caso de Malaguti, o xogador de Benavente solicitou abandonar o cadro laranxa para ingresar no ATP Iluminación Tudelano Ribeira Navarra, do que recibiu unha oferta recentemente. Namentres, a situación con Meira desenvolveuse de maneira totalmente diferente. A dirección deportiva había decidido xa semanas atrás prescindir dos seus servizos por cuestións técnicas e agora, co mercado aberto, club e futbolista chegaron a un acordo satisfactorio para ambas as partes e poñen fin á súa relación.
Achega de laranxas
Tras formar parte do equipo que ascendeu a Primeira División a tempada pasada, Iván de Uña Feliz, ‘Malaguti’ (Benavente, 28 anos) renovou o seu compromiso co Burela FS o pasado verán e debutou este curso na elite do fútbol sala español. Ás ordes do santiagués David Rial, o zamorano foi un actor destacado neste primeiro tramo de competición e o pivote con máis minutos sobre a pista. Disputou os 13 encontros de liga -10 como titular- e anotou 3 goles, sendo dous dos seus tantos moi importantes nos triunfos ante Osasuna Magna Xota (2-0) e Industrias Santa Coloma (3-4). Dende o club agradecémoslle a súa aportación nesta exitosa tempada e media vestindo de laranxa e desexámoslle toda a sorte do mundo no seu futuro deportivo e persoal.
Pola súa banda, Guilherme Meira Acicoli, ‘Meira’ (São Paulo, 28 anos), chegou a Burela en setembro e, aínda que ao principio contou con minutos, a súa participación foi diminuíndo paulatinamente ata deixar de entrar nos plans de David Rial. Vestiu en sete ocasións a casaca laranxa, sempre como suplente, e non conseguiu ver porta durante a súa estancia en terras mariñás, onde demostrou carácter e alegría fóra da cancha. Todos os integrantes do club tamén lle desexan moitísima sorte e éxitos nos seus novos desempeños deportivos.