Ribadeo, 6 de xaneiro de 2025. Gran concerto de Reis na igrexa parroquial de Ribadeo o pasado sábado. Manoele de Felisa ofreceu un repertorio composto por alalás, romances, poemas musicados e composicións propias e despois actuou xunto á Coral Polifónica de Ribadeo e ao Coro Sagrado Corazón.
Este concerto tivo unha grande acollida entre o público asistente. Desde o Concello agradecen á parroquia Santa María do Campo a posibilidade de facer este concerto na igrexa parroquial.
Cabalgata
Centos de persoas encheron as rúas de Ribadeo na tarde de onte para asistir á Cabalgata de Reis, que por mor da previsión meteorolóxica viu reducido o seu percorrido. Aínda así desde a Casa do Mar percorreu as Catro Rúas, Ramón González, José Vicente Pérez Martínez e San Francisco para rematar coa recepción que as súas Maxestades de Oriente ofreceron na carpa situada no parque de San Francisco.
A Cabalgata contou co acompañamento musical de tambores, gaitas e batukada.