Tras as tradicionais Badaladas de medianoite que marcarán o fin do ano vixente, o Concello dará a benvida ao 2025 cunha festa que se celebrará na praza Roxa a partir das 2:00 horas e que será amenizada polo disc-jockey Miguel GZ.
Tras as tradicionais Badaladas de medianoite que marcarán o fin do ano vixente, o Concello dará a benvida ao 2025 cunha festa que se celebrará na praza Roxa a partir das 2:00 horas e que será amenizada polo disc-jockey Miguel GZ.
As súas maxestades sairán do Concello camiñando ás 18:00 horas deste domingo, 5 de xaneiro, acompañados dos paxes e dirixiranse á carpa situada no parque de San Francisco para a recepción con todos os nenos e nenas de Ribadeo". E engaden: "alí vos agardamos".
A cita é a primeira do ciclo de bailes mensuais que o Concello de Vilalba desenvolverá ao longo do ano e estará amenizada polo Dúo Estrellas.
No seu periplo polas diversas localidades da Mariña, os Reis Magos chegarán ás escolas de Celeiro de Mariñaos este domingo ás 5 da tarde para repartir agasallos e lambetadas. Alí esperáraos toda a rapazada que disfrutará desta Tarde de Reis que a Asociación Veciñal e Cultural Irmandade San Caetano tén preparada coma en anos anteriores e na que non faltará o chocolate e o roscón. O mago Martín Camiña fará as delicias de nenas e nenos e maiores co seu marabilloso e asombroso espectáculo de maxia.
Este venres as crianzas comeron roscón de reis e desfrutaron de Pintacaras.
Os Magos de Oriente levaron a ilusión ás usuarias e usuarios destas instalacións, entregáronlles caramelos e charlaron con eles. Será xa na noite do 5 ao 6 de xaneiro cando os Reis Magos retornen para deixar nalgún lugar da residencia o agasallo do Concello de Ribadeo: un collarín, que poderán empregar para os seus desprazamentos en coche ou para ver a televisión comodamente no sofá. Tamén reciben este presente as persoas usuarias do centro de día e do SAF e as residentes en La Villa Hogar e en Mirador del Eo. Xunto a Melchor, Gaspar e Baltasar estivo a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
O sábado celebra o Día da Infancia: de 10:30 a 13:30 h e de 16:30 a 19:30 h con xogos acuáticos na piscina municipal, a e a partir das 16:00 h con inchables no pavillón municipal de deportes. O Domingo 5, a partir das 19:00 h as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, chegan a Xove na tradicional Cabalgata de Reis, despois de visitar a Residencia San Bartolomeu. Chegarán arredor das 20:00 h ó pavillón municipal, onde comezará unha festa para nenas e nenos coa animación infantil de Disco móbil.
Ao redor das 18:30 está prevista a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar ao Porto Deportivo, desde onde serán trasladados por Protección Civil á Oficina de Turismo de Lagarea. No punto de atención turística estaranlle a esperar os paxes e as carrozas para iniciar a tradicional cabalgata, que terá o percorrido habitual de Avenida Escola de Gaitas, Penela, Rúa Eugenio López, Tres Farois e a Praza de Isabel II. Unha vez a comitiva real chegue á céntrica praza, a Casa do concello abrirá as súas portas para que os Reis Magos reciban aos nenos e nenas de Ortigueira no claustro e escoiten os seus últimos desexos.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital