Nota de prensa
O Partido Popular non destina nin un só euro a Xove
Desde o BNG local quéixanse de que o goberno de Feijóo esta instalado nunha especie de “alzheimer político” en relación aos compromisos electorais contraídos cos cidadáns xovenses
O goberno da Xunta despachouse cun aznariano “cero patatero” co Concello de Xove. A intención do PP é a de non investir nin un só euro no municipio, o que transforma os presupostos para o vindeiro ano 2011 nun “orzamento-castigo” sobre o que o goberno xovense aínda non dixo “nin chío”.
O responsábel do BNG, Marco López, manifestou estar agardando pola reprobación destas contas por parte do executivo local. Unha reacción que, no seu entender, “xa se tería que ter dado” á vista da gravidade do asunto.
López contrapuxo esta actitude do PP de Xove coa dos propios nacionalistas, que este ano 2010 destinaron desde as Áreas de Cultura, Deporte e Benestar Social da Deputación preto de 200.000 euros para a localidade. Un compromiso orzamentario, o do BNG, que veu impulsar e dinamizar a economía xovense.
O cargo orgánico do Bloque xovense declarou que a razón deste presuposto contrario ao progreso do municipio está clara: “O PP pensa que en Xove non hai problema de votos”, advertiu López, “por iso amosan este desprezo polo noso concello”.