A Pontenova, 25 Decembro, 2024. Todas elas foron evacuadas ao Hospital Lucus Augusti. O aparello funcionaba cunha bombona de gas butano.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos despois das 23 horas, a través do persoa de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: varias persoas sufriran mareos nunha vivenda da avenida de Taramundi, na Pontenova.
De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración do GES e dos voluntarios de Protección Civil da Pontenova, así como dos axentes da Garda Civil. Tamén se informou dos feitos aos Bombeiros de Viveiro.
Os servizos de emerxencias realizaron as medicións correspondentes no punto e confirmaron que se producira unha mala combustión dun quentador, que funcionaba cunha bombona de gas butano.
Finalmente, cinco persoas foron evacuadas ao hospital e os efectivos do GES ventilaron as estancias da vivenda.