Trátase de mostra‘Arte con Cariño’, coa que se busca dar a coñecer a arte dos veciños e veciñas do municipio, dándolles un lugar onde expoñer as súas pezas artísticas. A exposición inaugúrase leste mesmo luns, 23 de decembro, ás 19:00 horas no Local Social do Concello. É unha iniciativa da artista local Chary Docal Pérez, alumna de cuarto curso do Grao en Belas Artes da Universidade de Vigo, que conta coa colaboración do Concello.
Cariño acollerá unha exposición colectiva de artistas locais ata o 8 de xaneiro