Visitantes de toda Galicia e doutras partes de España acudiron á carpa instalada na Praza da Constitución. López agradeceu o labor do Concello e da Alcaldesa, a participación e o bo facer dos produtores e puxo en valor a alta calidade do produto. “Dende a Deputación de Lugo estamos e estaremos sempre do lado do sector primario e por iso, como non podía ser doutra maneira, colaboramos coa proxección desta cita. Estamos ao carón de todas as persoas que traballan para manter vivo e impulsar o rural”, valorou.