Viveiro, 21 de decembro de 2024. A Concellería de Cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como ‘figurantes’ na Cabalgata de Reis o domingo día 5 de xaneiro.
A inscrición está aberta a todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2025, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas.
O inscrición poderase formalizar nos días 26, 27 e 30 de decembro de 9:00 a 14:00 horas.
A folla de inscrición facilitarase no Teatro Pastor Díaz ou pódese solicitar tamén por correo electrónico no: rbg.cultura@viveiro.es.
Os datos que se deben facilitar son: nome, apelidos e data de nacemento do neno ou nena; nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, e autorización da participación na cabalgata; teléfonos de contacto; correo electrónico; talla; e unha autorización de uso da imaxe.
A folla cuberta entregarase no teatro Pastor Díaz e a recollida realizarase por orde de recepción das solicitudes debidamente cubertas. A cada unha delas asignaráselle correlativamente o seu número correspondente, pois a concesión das 40 prazas farase por estrita orde de recepción das solicitudes.
Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselles ás persoas interesadas a súa situación na Cabalgata, así como a información necesaria para que participen nela como o lugar, horario de presentación e horario e forma de recollida ó finalizar.
Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou as novas necesidades.
Ademais, dende o Concello se pide que se unha persoa das admitidas, por razóns persoais, non puidera participar na Cabalgata, o comunique ao concello antes do día 4 de xaneiro para que a súa baixa poida ser substituída.
Os participantes terán que acudir o 5 de xaneiro ó punto de encontro con con leggins negros, calzado oscuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga tamén negro. O vestiario será facilitado polo concello como préstamo gratuito