Barreiros, 18 de decembro, 2024. A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Barreiros como presunto autor dun delito de danos en mobiliario urbano neste termo municipal.
Os feitos delituosos tiveron lugar durante varias noites consecutivas do pasado mes de novembro, onde se queimaron catorce contedores de lixo situados en diversos puntos do Concello.
Esta queima de contedores afectou tamén a un muro lindeiro privado e a dous contadores eléctricos próximos a vivendas unifamiliares.
Así mesmo, no marco da investigación policial efectuada verificáronse danos de diversa consideración nas instalacións do polideportivo municipal da localidade.
O sucedido xerara unha comprensible alarma social e en especial nesta época do ano, fóra da tempada estival.
A persoa investigada e as dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Garda dos de primeira instancia e instrución de Mondoñedo.