Viveiro, 9 de decembro, 2024. O BNG “non vai participar dun ruído e dun espectáculo que só beneficia ao PP”. “Estamos centrados en traballar por Viveiro”. “Pedimos responsabilidade”. “Cadaquén saberá por que fai o que fai, pero nós non queremos desviar a atención do importante, que é gobernar Viveiro con rigor e seriedade, e non imos caer en frivolidades”.
“A nosa prioridade é Viveiro. E Viveiro necesita seriedade, rigor e un proxecto claro para avanzar. Por riba de estratexias persoais ou intereses que buscan desestabilizar e beneficiar ao PP, non é momento de frivolidades nin escenificacións. É tempo de facer política con responsabilidade, coa man tendida e desde o diálogo en favor da nosa vila”.
Por iso, o pasado 26 de setembro, o BNG convocou a Bernardo Fraga e ao seu grupo a unha reunión de traballo para falar dos orzamentos da anualidade 2025, “nun intento de buscar consensos e traballar conxuntamente nas iniciativas necesarias para Viveiro. Lamentablemente, esa oportunidade foi rexeitada. Non achegaron unha soa proposta nin amosaron interese en contribuír ao futuro do concello”.
“Desde o inicio do mandato, o BNG ofreceu a opción dun goberno tripartito forte, amplo e con transparencia, que respondese á maioría social que quere estabilidade e transformación para Viveiro. Esta era unha oportunidade para construír un proxecto compartido con obxectivos claros. Con todo, nunca foi do seu interese. Resulta sorprendente que agora parezan preferir ao PP no goberno antes que formar parte dunha alternativa progresista co BNG e o PSdeG”.
“No BNG facemos política con seriedade e traballamos día a día para sacar adiante este concello, malia a difícil situación económica herdada. Non participamos nin participaremos de xogos políticos nin frivolidades. Sabemos que o noso traballo merece a pena, porque o tempo demostrará os resultados”.
“A veciñanza de Viveiro non quere politiqueos, quere responsabilidade, traballo e proxectos sólidos que dean resposta ás súas necesidades. Iso é o que queremos e ofrecemos desde o BNG. Non deixaremos que estratexias alleas desestabilicen o proxecto transformador que Viveiro precisa. Seguiremos centradas no noso obxectivo: un Viveiro no que todas e todos nos sintamos orgullosas, construído sobre a base do rigor, do compromiso e do diálogo”.
“O futuro de Viveiro constrúese coa implicación e o esforzo de todas e todos, non con escenificacións nin ataques de ego. O BNG reafirma o seu compromiso de seguir traballando sen descanso para garantir o progreso e o benestar da nosa vila”.
INICIATIVAS DESENVOLTAS POLO BNG NESTE MANDATO
Obras e Infraestruturas Medio Rural
Reposición de beirarrúas en Magazos
Substitución da rede de abastecemento e renovación completa das beirarrúas.
Orzamento: 110.795,19 €.
Ampliación e mellora do Punto Limpo
Zona de biomasa, novos contedores e mellora do control de acceso.
Orzamento: 84.622,73 €.
Acondicionamento do vial Fontecova-Magazos
Mellora de acceso a explotacións forestais e gandeiras.
Orzamento: 41.247,77 €.
Acondicionamento do vial en Escourido
traballos de reparación do pavimento, canalización de augas e pintado de marcas viais
Orzamento: 85.757,35 euros.
Rede de saneamento en Vieiro e Celeiro
Instalación de novas redes para mellorar a calidade de vida.
Orzamento: 11.498,29 € (A Pena, Vieiro) e 20.800,00 € (Cova Lavandeiras, Celeiro)
Prevención de incendios coa xestión da biomasa vexetal nas parcelas do municipio
3.253 notificacións ás persoas propietarias de parcelas, instando á limpeza de biomasa vexetal e á retirada de especies prohibidas.
Adquisición dun tractor
Adquirido grazas a unha achega de 120.000 euros da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Estase traballando xa nun novo prego para o contrato de desbroces
Suxeicións de lixo
27 novas suxeicións para os colectores de lixo para parroquia de Galdo
Parques
Renovación do parque infantil da Atalaia, Celeiro
Mellora integral do espazo.
Orzamento: 15.661,97 €.
Mellora do Parque Pernas Peón, Covas
Plantación de 425 especies, mellora da accesibilidade e integración do skate park.
Orzamento: 105.897,25 €.
Sustentabilidade e Medio Ambiente
Aseos públicos
Os baños públicos que se abren son os do templete de música, a parrillada do parque, o hórreo de Xunqueira, o monte de San Roque, e os baños do parque de Covas.
Os horarios de apertura das instalaciones será de 09:00 a 22:00 horas en tempadas especiais: do 15 de xuño ao 15 de setembro, do 20 de decembro ao 7 de xaneiro (Nadal) e do 13 de abril ao 20 de abril de 2025 (Semana Santa).
Do 16 de setembro ao 14 de xuño, a excepción dos períodos comprendidos na tempada especial, o horario de apertura será de 09:00 a 20:00 horas
Campaña “Ti tes a chave”
Viveiro foi o primeiro concello da Mariña en iniciar o servizo de recollida de orgánica, que leva máis dun ano en funcionamento. Inclúe a entrega de cubos, chaves e bolsas compostables para fomentar o uso do colector marrón.
Melloras no servizo de praias
Ampliación do servizo durante tres meses, cun enfoque na limpeza de areais, mantemento de aseos e protección do espazo dunar.
Colonias felinas
Posta en marcha dun plan de xestión das colonias felinas urbanas, que inclúe unha unidade coordinadora para o control e benestar dos gatos.
Vehículos “cero emisións”
Incorporación de dúas furgonetas eléctricas para a brigada de obras.
Biotrituradoras para parques e xardíns
Sustentabilidade e mellora no tratamento de residuos vexetais.
500 trampas para vespa velutina
Captura de 1.113 raíñas, reforzando a loita contra esta praga.
Mobilidade e Transporte
Bus circular Covas-Viveiro-Celeiro
Servizo con 14 paradas e frecuencia de 30 minutos.
Bus á praia de Area
Servizo de transporte público estival con varias frecuencias diarias para facilitar o acceso á praia.
Planificación e Ordenación
Auditoría do alumeado público
Paso previo á renovación da rede para aforro e eficiencia.
Ordenanzas en tramitación
Convivencia, Limpeza e Residuos; Acceso a praias; Uso de viais para saca de madeira.
Plan de Accesibilidade (por presentar)
Plan de Mobilidade (por presentar)
Desenvolvemento Económico
II Foro Económico de Viveiro
Evento celebrado en decembro para analizar o pasado, presente e futuro da economía local. Contou con intervencións de expertos en historia económica, situación actual e estratexias industriais.
Campaña de Nadal
Colaboración coas e cos comerciantes da asociación do casco histórico para dinamizar o comercio local durante as festas.
Subvención para a remodelación da Praza de Abastos
Solicitada unha axuda a través do programa Mercados Excelentes para transformar este espazo en punto clave para o comercio local, con postos fixos, bancadas móbiles e unha zona de restauración.
Licitación dos postos da Praza de Abastos
Aberta a convocatoria para a concesión dos postos baleiros, cun prazo inicial dun ano prorrogable, promovendo o comercio local.
Licitación do edificio da parrillada no Parque Pernas Peón
En proceso para a súa concesión, co obxectivo de potenciar a actividade social e o uso deste espazo emblemático.
Subvención para o Polígono Industrial de Landrove
Mellora da eficiencia enerxética mediante a instalación de 52 luminarias LED, modernización da sinalización viaria e reposición de 600 metros de cableado roubado.