Ribadeo, 7 de decembro de 2024. A pista de xeo convértese nun grande atractivo do Nadal en Ribadeo. Moitas foron as persoas que se achegaron xa a patinar nesta ponte festiva.
A pista estará operativa ata o 5 de xaneiro en horario de 16:30 a 21:00 horas. Pechará os días 24 de decembro e 1 de xaneiro. E amplía horario os días 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro e 4 e 5 de xaneiro, xa que abrirá tamén polas mañás de 11 a 13 horas.
Para apoiar a actividade comercial e hostaleira de Ribadeo aplicarase un desconto de 2 euros a aquelas persoas que presenten un tícket de compra ou consumición superior a 10 euros realizados en calquera establecemento de Ribadeo. Os primeiros 2.000 tíckets terán un desconto de 2 euros no prezo da entrada, polo que pagarán tan so 3 euros polo acceso á pista de xeo. Solo son válidos os tíckets de compras e de consumicións realizados desde o pasado 4 de decembro.
Ata a pista de xeo se achegaron nas últimas horas o alcalde, Dani Vega, as concelleiras e concelleiros do equipo de goberno: Marta Saiz, Montse Seijo, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo, Francisco José Silvent, Diego dos Santos, e a presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.