Ao voceiro do PP de Foz chámalle “poderosamente a atención que o alcalde non escoite nin aos seus propios “socios” do BNG, que volven a votar dunha forma diferente”
Foz, 29 de novembro de 2024. PP e BNG, a petición de máis de 500 veciños e veciñas, din “non” a poñer dun único sentido a rúa Corporacións como anunciara Cajoto. Sucedeu no pleno ordinario, celebrado no día de onte, no que se aprobou unha moción presentada polos nacionalistas e apoiada polos populares na que se instaba ao alcalde a escoitar aos cidadáns e a facer unha comisión de tráfico, tal e como leva pedindo o Partido Popular dende fai tempo.
Máis de 500 veciños e veciñas entre os que hai residentes, empresas afectadas, profesionais do tráfico e do transporte firmaron un manifesto, que se rexistrou onte, en contra da decisión de Cajoto de poñer nun sentido Corporacións.
Os populares non queren que as decisións unilaterais do PSOE, como xa fixeron no barrio das Casas Baratas, provoquen máis caos no tráfico. Agora hai dous hemisferios mal comunicados no núcleo urbano que son cortados pola rúa Irmandiños e poñer Corporacións nun só sentido empeoraría a xa mala situación do tráfico.
Ao voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, chámalle “poderosamente a atención que o alcalde non escoite nin aos seus propios “socios” do BNG, que volven a votar dunha forma diferente. Unha situación crítica da coalición de goberno fallida que non sabemos ata canto vai a durar”.
“O que si sabemos é que o tráfico en Foz en un caos total que empeorou coa obra do barrio das Casas Baratas e, que antes de seguir coa desfeita que propón Cajoto, se deben corrixir situacións como a do cruce entre Salvador de Madariaga, Eduardo Pondal e Otero Pedrayo onde conflúen tres rúas no mesmo sentido”, finaliza Javier Castiñeira.