Nota de prensa:
González Barcia sobre a visita de Besteiro a Burela: “hai que ter para cara para vir e decir por segunda vez que en breve se farán as obras do Perdouro”.
O voceiro dos populares acusa ó alcalde de “sumiso e arrodillado ante Besteiro”.
Considera que tanto anuncio é unha bulra ós cidadáns de Burela.
O portavoz do PP de Burela e portavoz adxunto do seu partido na Deputación Provincial, José María González Barcia, afirmou hoxe que “a presencia de Gómez Besteiro o pasado venres en Burela é unha ofensa ó conxunto dos cidadáns do noso concello, porque non pode vir a Burela, anunciar a adxudicación de obras noutros sitios da provincia (algunhas financiadas con fondos da Xunta) e decir que os arranxos do Perdouro se contratarán dentro duns días. Hai que ter cara para vir aquí, falar por segunda vez da obra e vir sen tela contratada”.
O derrube da travesía municipal na zona de O Perdouro produciuse en xaneiro; en marzo o alcalde dixo que sería arreglado pola Deputación inmediatamente, en agosto Besteiro dixo que en setembro e o día vintenove de outubro di que dentro de uns días.
González Barcia considera que, despois de dez meses, “xa está ben de andar indo e vindo cos arranxos do Perdouro. Besteiro xa leva dúas fotos en Burela por esta obra, e o alcalde xa leva dous tortazos con este asunto, porque eso é o que recibe cando non é capaz de arrancar un compromiso serio e respectuoso sobre o mesmo. Besteiro tiña que comparecer en Burela para decir que a obra xa estaba contratada, e poñer día para o seu comenzo, pero como sabe que o alcalde, sumiso e arrodillado ante Besteiro, cala e consinte con todo con tal de non molestalo, resula que Besteiro vén a Burela, saca a foto, conta catro cousas e o alcalde queda tan ancho”.
González Barcia indicou que “é unha pena ter un alcalde así, que non se atreve a demandar con firmeza o que tén que demandar, cando se lle demanda a gobernos do PSOE, como demostrou no pleno do pasado xoves negándose totalmente a demandar nada para Burela do Goberno de Zapatero nin da Deputación, nin tan siquera o corredor Barreiros-San Cibrao, pero pedíndolle á Xunta unha carta dos Reis Magos”.
O popular considera que “é unha vergoña o que está a pasar: Besteiro e o alcalde mentiron cando dixeron que a obra estaría feita en setembro, e ningún dos dous pide disculpas por unha situación que está a xerar problemas de tráfico, situación que reflexa que nin un, Besteiro, nin o outro, o alcalde, son pecisamente mui traballadores, ademais de demostrar que van sempre con moito retraso; o tempo deles non se mide cos sistemas de medición habituais, xa que van sempre moito máis lentos ca calquera persona”. Tamén indicou que “non queremos nin imaxinarnos que pasaría se esto acontecese cun goberno do Partido Popular”.
Barcia asegurou que “a este paso, vaille sair máis caro á Deputación as visitas de Besteiro a Burela ca propia obra do Perdouro, porque cada vez que vén, ainda que non di nada, resulta que despraza con el sete ou oito persoas entre persoal de protocolo, da TIC, de prensa da Deputación, etc., bastante máis persoal do que acompaña ó presidente da Xunta ou a calquera ministro, o que demostra que os fondos da Deputación úsanse para a campaña política persoal de Gómez Besteiro”.
Por último, o portavoz adxunto do PP na Deputación afirmou que “Besteiro se apropia de obras que non son exclusivamente da Deputación: as obras a realizar en Viveiro son froito dun convenio subscrito coa Xunta e que contan con financiación da propia Xunta.”