Ribadeo, 25 de novembro de 2024. Educación inviste na mellora dos centros educativos de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.
O rexedor contou que “na reunión de traballo que tivemos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional trasladámoslle varias propostas que temos como Concello, temos preocupacións e unha delas é a mellora dos edificios educativos e por iso presentamos xa o proxecto do peche perimetral do Gregorio Sanz, a casa do conserxe e o plan de humanización da toda a zona verde deste colexio”.
Vega subliñou: “trátase dun proxecto demandado, unha proposta que recollíamos fai pouco tempo, coa Anpa e co centro educativo, e agora xa presentamos ese proxecto, e aprobarao a Xunta en poucos días. Para investir, para seguir mellorando o centro educativo, para pensar no colexio Gregorio Sanz e mellorar entre todos un colexio que evidentemente, tivo melloras significativas fai tempo, con todo o edificio central, e nosoutros trasladamos outra proposta, que é moi importante, que é o peche perimetral, que está nunha situación terriblemente mal, a casa do conserxe, que non cumpre todas as condicións dun plan educativo e tamén a humanización ordenada de toda a zona verde, despois da poda realizada”.
Formación Profesional
O alcalde contou que “tamén pedimos que Ribadeo se converta na capital da Formación Profesional. Nosoutros vamos loitalo todos os días, porque consideramos que Ribadeo está estratexicamente ubicado para absorber alumnado tanto de Galicia como de Asturias. Por iso vamos presentar conxuntamente co CIFP Porta da Auga unha proposta de novos ciclos formativos e tamén para converter a Ribadeo nesa capital necesitamos un congreso que fale do futuro, dos retos que ten a Formación Profesional e por iso o consideramos tan importante para que tamén moitas persoas teñan esa saída laboral, porque queren establecer o seu proxecto de vida aquí en Ribadeo necesitan evidentemente unha saída laboral e os Concellos tamén deben falar disto porque é moi importante para as persoas”.
Dani Vega indicou que “conseguimos tamén que a Xunta volva a colaborar por segundo ano consecutivo nas rutas xeológicas e tamén para empezar a trasladar propostas de unidades didácticas para os centros educativos. E empezamos coa do Viejo Pancho”.
O rexedor fixo unha valoración positiva do encontro mantido con Román Rodríguez: “foi unha reunión moi frutífera. Estamos a falar dunha partida presupuestaria orzamentada xa para o colexio Gregorio Sanz, nese plan que presentamos. Outra partida moi importante é para o Porta da Auga, máis de 270.000 euros para renovar a cuberta e outras melloras que vai ter o edificio. Isto xa está cerrado no presuposto de 2025 e seguir con propostas porque o que queremos é que Ribadeo siga avanzando”.
E engadiu que “todo isto ten unha inversión considerable, imos chegar practicamente a un millóns de euros, cantidade que garante todas as obras de mellora nos centros educativos de Ribadeo”.