Ribadeo, 18 de novembro, 2024. A A.C. Francisco Lanza organiza este xoves, 21 de novembro, a presentación do libro “O gran triángulo”, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira editada por Xerais. É unha novela ben interesante e de marcado carácter divulgador da actividade científica. De lectura amena e doada, paga a pena comprobar as vicisitudes polas que tiveron que pasar as xentes do mundo da ciencia para lograren desenvolver os seus descubrimentos.
Pero a mellor maneira de coñecer a novela é achegarse á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, ese xoves ás 20,30h. Conducirá o acto Suso Fernández Acevedo, e por suposto, poderase charlar co autor, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.