Os mariñaos apretaron a un dos máis grandes na súa casa especialmente na segunda parte na que foron superiores
Burela, 16 de noviembre, novembro. O conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS afronta outro dos partidos máis duros da tempada, fóra da casa, ante un dos grandes colosos da categoría, o Barça, no Palau Blaugrana, esta tarde ás 19.00h, cun resultado final 2-1. A pesar do duro comezo para o Burela cun gol dun impoñente Fits no minuto dous do partido, o equipo soubo organizar un xogo ben surtido tanto en ataque coma en defensa durante os 40 minutos, aínda que especialmente destacable na segunda parte do encontro na que rozaron a remontada no Palau.
Comeza o encontro cun Burela con ganas, creando perigo desde o minuto 1 na cancha dun soberano Barça. No primeiro minuto triple ocasión dos Pícaros con tres disparos consecutivos de Pitero, Rikelme e Araya frustrados por Feixas. No minuto 2, Fits anota o 1-0 nunha xogada individual na que burla a Michal na área coándolla por detras tras un xiro. No minuto 7 primeira intervención espectacular a un disparo de Marcel, dun Michal Kaluza que, outra vez, bordou o partido, especialmente na segunda parte. No 8 a segunda do polaco nun disparo raso de Fits desde o bordo da área e novamente unha terceira nun remate do mesmo Fits que tenta coala desde o segundo pau. O Pescados Rubén busca e consegue o xogo ofensivo, presionando a un Barça que defende máis do esperado durante todo o partido. No minuto 17 chega o segundo do conxunto catalán cun disparo de Sergio Lozano só ante Michal tras un erro de entendemento entre Isma e Alberto en media pista. No minuto 15 disparo dende a frontal da área de Rikelme que roza a escuadra e no 16 pode que a parada máis espectacular do partido e quizais da xornada, entre tantas, desviando cos brazos un remate de Antonio que dispara desde o segundo pau. No 17 quinta falta do Barça e disparo raso de Charly que desvía Feixas co pé á banda. Bos minutos defensivos do Buela ata o descanso.
Na segunda parte o conxunto burelense lócese no Palau, mantendo o resultado e achegándose ao empate sen cesar de intenarlo ata o último segundo. Man moi boa de Michal que desvía un disparo directo de Catela nos primeiros minutos. O equipo de David Rial continúa co xogo ofensivo, buscando o tanto que lles achegue ao empate e que chega no minuto 32 cun pase de Charly case dende a banda que empuxa Alberto ao interior da portería dende o segundo pau. Ábrese o partido e comeza un duelo de xogo trepidante, cun Barça ao que lle custa. Kaluza saca coas mans por encima do travesero un disparo de Fits no minuto 35, o Burela continúa creando dúbidas e perigo aos locais, e outra de Michal que detén un disparo raso nun saque de banda no 36. Ocasión de Rikelme que dispara e atópase con Feixas e outra máis de Michal no mesmo minuto, xusto antes doutra ocasión de Araya que remata na área un pase de Alberto pero vaise fóra. Tempo morto para os mariñáns no minuto 38 e comeza a presión con xogo de 4 para 5 con Meira de porteiro-xogador. Nos dous últimos minutos sucédense as ocasións do Burela, un disparo raso de Meira que salva Feixas puido ser o empate e no últimos tres segundos e última ocasión do encontro, Isma saca unha falta e pásalla a Malaguti que remata cun disparo lateral que se atopa co canto da portería dando fin a un partidazo no Palau cun gran papel do Pescados Rubén Burela FS que está marcando paso firme nesta tempada 24/25 en primeira división.
Este martes 19 os Pícaros volverán xogar, esta vez na casa, ante o CA Osasuna Magna ás 21.30h, partido no que estrearán a nova equipación desta tempada, a laranxa.
Ficha Técnica Barça 2-1 Pescados Rubén Burela FS
Barça (2): Feixas; Antonio, Dyego, Catela, Fits -quinteto inicial-, Martel, Erick, Lozano (C), Álex, Touré, Matheus. Entrenador: Tino Pérez.
Pescados Rubén Burela FS (1): M.Kaluza; Araya, Pitero, R.Ribeira, Charly -quinteto inicial-, Malaguti, Isma, Alberto, Juninho, Meira. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min.2: Fits. 2-0, min.12: Sergio Lozano. 2-1, min.32: Alberto.
Árbitros: Fernando Faubell Zaldívar, José Lázaro Angulo, Bernardo Simón Benet, Ana Isabel Labaina Vázquez.
TA: Sergio Lozano, Juan José Camacho Pérez, Juninho.