Viveiro, 16 de novembro de 2024. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que o vindeiro luns, día 18 de novembro, realizarase un corte de tráfico temporal na estrada LU-161 en horario de mañá, con motivo das obras que se van realizar na mesma.
O corte terá lugar entre as 8:30 e as 12:00 horas da mañá para proceder a unha reposición do pavimento. Esta resulta necesaria para mellorar o estado da vía e minimizar os problemas de circulación, aumentando a seguridade na mesma.
Co obxectivo de reducir o impacto do corte de tráfico e garantir a mobilidade, habilitáronse unha serie de rutas alternativas para as persoas usuarias de esta vía.
Por unha banda, os vehículos lixeiros deberán circular por Rego do Golpe e Barbeito, saíndo posteriormente na Rúa Nova. Por outra banda, os vehículos pesados terán como alternativa a conexión coa LU-161 á altura de Ourol.
Dende o Concello pídense desculpas polas posibles molestias ocasionadas e agradécese a colaboración de todos os condutores e conductoras para seguir as rutas establecidas.