A obra está feita por unha trintena de persoas con diversidade funcional usuarias da Asociación Aspromor e forma parte dun proxecto moi grande que conta con moito traballo detrás, no que ademais dos protagonistas hai varios colaboradores implicados. Os dous primeiros pases serán o sábado 30 de novembro, un ás 17:00 horas e outro ás 20:00 horas, mentres que o terceiro será o domingo 1 de decembro a partir das 17:00 horas. As tres funciones serán no Auditorio Municipal da Casa da Cultura. As entradas xa se atopan á venda no local social do Concello por un prezo de 5 euros. Todo o recadado irá en favor da Asociación Aspromor.
Cariño acollerá tres pases do musical ‘O país das marabillas’ a última fin de semana de novembro
Cariño acollerá tres pases do musical ‘O país das marabillas’ a última fin de semana de novembro
Relacionado
-
O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia
-
O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia
-
O Concello de Cariño acollerá este domingo, 24 de novembro, o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da artista A Meiga Fani