Foz, 13 de novembro de 2024. O Concello de Foz ingresou hoxe, mércores, o donativo recadado na gala benéfica do pasado sábado na que resultou elixida como raíña do Entroido 2025 Coral Rey Oliveros. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, dá as grazas pola solidariedade mostrada por todos os asistentes: “os participantes nesta primeira gran festa do Carnaval doaron mil oitocentos corenta euros, que ingresamos integramente na conta habilitada pola Generalitat Valenciana no Banco Sabadell para os afectados pola DANA. Grazas a todos eles”.
O Banco Sabadell contribúe con un euro por cada euro aportado, polo que a achega froito da gala que servirá para atender aos afectados polo temporal ascenderá a 3.680 euros.