Burela, 11 de novembro de 2024. O Concello de Burela enviou hoxe un tráiler co material doado polos veciños e veciñas para as zonas afectadas pola DINA en Valencia.
Os veciños responderon á chamada da solidariedade e doaron auga, alimentos non perecedoiros, mascarillas, buzos, botas, colchóns, e material de hixiene e limpeza.
O tráiler chegará ao municipio de Massanassa desde alí repartirase o material entre as persoas afectadas pola DINA.
O concello, en coordinación coa Asociación de Semana Santa, o Fondo Laranxa, ACIA e aquelas entidades que traballaron para a recollida de materiais para Valencia, envía este trailer.
“Nestes momentos de dor e preocupación, nos que nos sentimos moi de preto do sufrimento das persoas afectadas, quero destacar e agradecer o sentimento de solidariedade e xenerosidade dos nosos veciños e veciñas”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.
O concello agradece a colaboración de ABSA, A Tenda do Roxo, Transportes Paraíso, Muebles Toxeiro, Talleres Vizoso, Asociación de Semana Santa, o Fondo Laranxa, ACIA, Protección Civil, persoal municipal, e de todos os veciños e veciñas que colaboraron coa recollida.