Nota de prensa:
Os socialistas limitábanse a requirir unha área única de xestión integrada para o Hospital da Costa, excluíndo a posibilidade de implantar a xestión integrada noutras áreas sanitarias de Galicia nas que tamén pode funcionar esta fórmula
O PARTIDO POPULAR DEFENDEU UNHA EMENDA, REXEITADA POR PSOE E BNG, NA QUE PEDÍA AVANZAR NA XESTIÓN INTEGRADA ENTRE ATENCIÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA
* Os populares lembran que en repetidas ocasións a conselleira de Sanidade xa deixou claro que o xerente da área sanitaria da Mariña xestionará todos os recursos humanos, materiais, infraestruturas e prestacións da área sanitaria e terá baixo a súa responsabilidade ademais do Hospital e os PAC, os centros de saúde que ata o de agora dependían de Lugo.
* Dámaso Lopez a hipocrisía do PSOE que esquece que na pasada lexislatura o bipartito prevía xestionar desde Ferrol a área sanitaria da Mariña, así como tamén que cando deixou o Goberno 4.000 mariñáns estaban sen citar e negábaselles a consulta cos médicos especialistas.
Santiago, 29 de outubro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Dámaso López Rodríguez, defendeu no día de hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento galego, unha emenda, rexeitada por PSOE e BNG, na que pedía avanzar no decreto que regula a xestión integrada sanitaria, isto é a que une baixo un mesmo xerente a atención primaria e especializada.
A iniciativa dos socialistas, que non quixeron incorporar o texto da emenda popular, limitábase a requirir unha área única de xestión integrada para o Hospital da Costa de Burela, excluíndo polo tanto a posibilidade de implantar esta nova fórmula de xestión noutras áreas de Galicia, tal e como pedían os populares. O PSOE incorría ademais en permanentes contradicións, xa que reclamaba só para A Mariña lucense unha estrutura cuxa posta en marcha viñeron criticando repetidamente no pasado.
Na intervención no Parlamento Dámaso López recordoulles aos socialistas que o seu discurso era contraditorio co defendido polo PSOE na pasada lexislatura cando desde a Xunta bipartita prevían facer desaparecer a área sanitaria desta comarca e integrala na de Ferrol da que dependería o Hospital da Costa.
Pola contra agora o novo Goberno galego aposta, tal e como explicou en diversas ocasións o propia conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, por deixar claro que tanto na Mariña lucense como naquelas áreas nas que se estableza o novo sistema de xestión integrada, o xerente –no noso caso o do hospital- xestionará todos os recursos humanos, materiais, infraestruturas e prestacións da área, e non só iso, senón que ademais terá baixo o seu mando ademais do centro hospitalario e os PAC, os centros de saúde –atención primaria- que ata o de agora dependían de Lugo.
Tras finalizar a comisión o deputado popular Dámaso López cuestionou tamén que os socialistas falasen do incremento da listas de espera no Hospital da Costa como argumento principal da súa intervención. De feito Ismael Rego obviou en todo momento que o bipartito deixou a 4.000 pacientes sen citar para consultas cos especialistas. Persoas ás que se lles negaba entonces a asistencia médica que precisaban e que agora si están a ser atendidas no Hospital da Costa.