Foi no quilómetro 0 da LU-P-4602. O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente pouco antes das 23:00 horas de onte. O particular que alertou indicou que un vehículo sufrira unha saída de vía e caera ao río. Ademais, o alertador pensaba que o condutor podía estar atrapado. Rapidamente, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol. A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor, xa falecido logo do accidente.
Unha persoa perdeu a vida ao caer co seu coche ao río en Pol
Unha persoa perdeu a vida ao caer co seu coche ao río en Pol
Relacionado
-
A UNED de Lugo e a Fundación Breogán conclúen a terceira edición do proxecto Ningún Aro Sen Rede visitando a comarca dos Ancares
-
O PP acusa ao alcalde “de levar o Concello de A Fonsagrada á quebra, tal e como confirma o secretario municipal”
-
A Foliada da Fonsagrada chega á súa novena edición consolidándose como unha cita referente na tradición e a cultura galega