A formación, que se impartirá no Centro de Formación Ocupacional do Concello, enmárcanse no plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia
Burela, 4 de outubro de 2023. O Concello de Burela acollerá, a partir do mes de decembro, un novo curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en institucións Sociais.
O curso conta cunha carga lectiva de 468 horas, e para inscribirse no mesmo será necesario contar co título de ESO ou outro equivalente. Dentro da súa programación contémplase un período de prácticas profesionais en empresas.
A formación, que se impartirá no Centro de Formación Ocupacional do Concello, enmárcanse na programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia.
A participación na mesma permite a obtención dun certificado de profesionalidade que acredita o conxunto de competencias profesionais adquiridas para o seu desenvolvemento no ámbito laboral. No caso de ser preciso, hai dispoñibles diversas axudas e bolsas para a realización do curso.
As persoas interesadas na actividade poden obter máis información no teléfono 982580624, no e-mail cfo@burela.org ou no propio Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, situado no número 137 da avenida Arcadio Pardiñas.